quinta-feira, 19 de agosto de 2010

O LAPIS DO CARPINTEIRO

...
Os máis deles eran anarquistas e gustaban dos boleros románticos, coa melancolía do lóstrego luminoso. Non había instrumentos pero tocaban co vento e coas mans. 0 trombón, o saxo, a trompeta. Cadaquén reconstruía no aire o seu instrumento. Percusión habíaa auténtica. Aquel a quen chamaban Barbarito era quen de facer jazz cun penico. Discutiran se chamarlle Orquestra Ritz ou Orquestra Palace, pero ao final impúxose o nome de Cinco Estrelas. Cantaba Pepe Sánchez. Detivérano, con outras ducias de fùxidos, nas adegas dun pesqueiro, a piques de sair rumbo a Francia. Sánchez tiña o don da voz e, cando cantaba no patio, os presos miraban cara á lina sobranceira da cidade, porque a cadea estaba nun devalo entre o faro e a urbe, como dicindo non sabedes o que perdedes. Nese momento, calquera deles pagaría por estar alí. Na garita, Herbal pousaba o fusil, debruzábase na almofada de pedra e pechaba os ollos como o bedel dun teatro da ópera.
Habia unha lenda en torno a Pepe Sánchez. Nas vésperas das eleccións de 1936, cando xa se albiscaba a victoria das esquerdas, prodigáronse en Galicia as chamadas Misións. Eran predicacións ao aire libre, dirixidas sobre todo ás mulleres campesiñas, onde os reaccinarios colleitaban máis votos. Os ser­móns eran apocalípticos. Agoirábanse terribles plagas. Homes e mulleres fornicarían coma bestas. Os revolucionarios separarían aos fillos das nais nada máis saíren do ventre para educalos no ateísmo. Levarían as vacas sen pagar un peso. E sacarian a Lenin ou a Bakunin de procesión na vez da Virxe Maria ou do Santo Cristo. No lugar de Celas convocouse unha destas misións e un grupo de anarquistas decidiu rebentala. Fíxose un sorteo e tocoulle a Pepe Sánchez. 0 plan era o seguinte: Debía ir en burro, co hábito de dominico, e irromper coma un posuído no medio da prédica. Ao Pepe unhas lle ían e outras lle viñan e o dia do suceso almorzou cun cuartillo de augardente. Cando se presentou na campa, montado no burro, e berrando «¡Viva Cristo Rey, abaixo Manuel Azana!» e cousas polo estilo, os frades predicadores aínda non apareceran, retrasados por non se sabe que. Así que a multitude tomouno por verdadeiro e foino conducindo, sen el querer, cara ao púlpito improvisado. E entón a Pepe Sànchez non lle quedou máis remedio que tomar a palabra. E dixo o que lle saíu de dentro. Que non había no mundo ninguén sufîcientemente bo como para mandar sobre outro sen o seu consentimento. Que a unión entre home e muller tiña que ser libre, sen máis anel nin argola que o amor e a responsabilidade. Que. Que. Que quen rouba a un ladrón ten cen anos de perdón e que parva é a ovella que se confesa co lobo. Era un tipo guapo. E o vendaval abaneándolle o habîto e as románticas guedellas dáballe un magnifîco aire de profeta. Despois duns primeiros murmurios, fixose o silencio e parte dos congregados, sobre todo as mozas, asentían e mirábano con devociôn. E daquela Pepe, xa desenfreado, coma se estivese no palco da festa, cantou aquel boléro que tanto lle gustaba.

En el tronco de un árbol una niña
grabó su nombre henchida de placer,
y el árbol conmovido allá en su seno
a la niña una flor dejó caer.

Foi un éxito aquela misión.
A Pepe Sánchez fusilárono un amencer chuvioso de outono do 38.

...

Manuel Rivas
Edicións Xerais de Galicia

3 comentários:

  1. Gostei de saber..."que parva é a ovella que se confesa co lobo."
    Adorei...
    "En el tronco de un árbol una niña
    grabó su nombre henchida de placer,
    y el árbol conmovido allá en su seno
    a la niña una flor dejó caer"
    Parabens,Tronco,"lobo mau"...ihih
    Nina

    ResponderEliminar
  2. Aqui deixo...

    AMAR A VIDA



















    ... é querer estar perto
    do alguém que se quer!
    ... compreender o porquê
    das manhãs luminosas,
    das estrelas dadivosas...

    ... pressentir
    a luz que aquece
    ao trazer no ventre
    o amor que eternece!

    ... conter nos olhos
    a grandiosidade do infinito,
    ternamente,
    como águas a escorrerem
    mansamente!

    ... conhecer Deus em si próprio
    e debruçando-se sobre a natureza
    absorver tamanha beleza!

    ... ter um coração alargado
    onde o perdão
    é fruto da compreensão!

    ... ter nos lábios uma prece,
    vontade de ser flor,
    imitar uma estrela
    viver como pássaro!

    ... poder sorrir
    quando os olhos se nublam
    ... poder ser criança
    quando nunca o fomos
    ... PODER EXISTIR
    quando olhamos os céus
    com AMOR

    Alvina Tzovenos

    ResponderEliminar
  3. Se te pareço noturna e imperfeita
    Olha-me de novo.
    Porque esta noite
    Olhei-me a mim, como se tu me olhasses.
    E era como se a água
    Desejasse
    Escapar de sua casa que é o rio
    E deslizando apenas, nem tocar a margem.
    Te olhei.
    E há tanto tempo
    Entendo que sou terra.
    Há tanto tempo
    Espero
    Que o teu corpo de água mais fraterno
    Se estenda sobre o meu.
    Pastor e nauta
    Olha-me de novo.
    Com menos altivez.
    E mais atento.

    Hilda Hilst

    ResponderEliminar

Grato pela participação