terça-feira, 17 de agosto de 2010

“OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE”

Em tempos de “acordo ortográfico” que apenas deturpa a língua portuguesa, porque assim falavam os meus avós, e nunca devemos esquecer de onde viemos, aconselho a leitura desta farsa, escrita em galego, por Castelao de Rianxo:

“Miñas doñas e meus señores:
Axiña ides ver unha farsa en três lances, na que se demonstra que los vellos non deben de namorar-se; pero no pensedes que a miña obra é de tesis. Non é de tesis non. Trátase a penas dunha síntesis artística ou, mais ben, artimaña escenográfica onde xogan o amor e a morte de três vellos imprudentes: o boticário don Saturio, que non aturou a falcatruada de Lela e mátase con solimán da súa própria botica; o fidalgo don Ramón, que por un bico de Micaela morre deitado no esterco; o vinculeiro señor Fuco, que por casar con Pimpinela mórrese de felicidade. Son três faces diferentes dun mesmo drama, contado á maneira galega e para regalia dos que poidan comprender o noso linguaxe. Pero este coñecidícimo drama, que agora ides ver nunha farsa nova, é, así mesmo, un aviso de três estalos que lle damos aos vellos namoradeiros. Cómpre decir que as vellas non están no caso dos vellos, anque os amores serodios andan sempre emparellados coa morte, pois neste caso soio perden a vida os mozos que se dixan Chuchar por velas indecentes. Non, o drama é de homes que se namoran a destempo, porque non souperan aproveitarse do amor quando eran mozos ou porque pretenden burlarse da morte quando xa a levan ao lombo. Os homes deben buscar tesouros amorosos na mocedade, e gardalos ben gardadiños para quando chegue a Vellez, si é que arelan o respeto do mundo e non gostan de vérense retratados nesta casta de comédias. Ninguén se bulra dun vello e unha vella que siguen amándose tolamente. ¡ E que émoción dá ver a un vello vedreiro que chora por un amor que perdeu cando era mozo! Os vellos deben gardar amores antigos, porque axúdanlles a vivir; pero morren cos amores novos, e a sua morte fai rir ás xentes.”
Boas leituras!

Sem comentários:

Enviar um comentário

Grato pela participação