quinta-feira, 8 de janeiro de 2009

Un saxo en la néboa




Un home necesitaba diñero con urxencia para pagar-se unha paxage a América. Este home era amigo do meu pai e tiña un saxofón. O meu pai era carpinteiro e facía carros do país con rodas de carballo e eixo de ameneiro.
Cando os facía, asobiaba. Inflaba as meixelas como peitos de paparroibo e soaba moi ben, a frauta e o violín, acompañado pola percusión nobre das ferramentas na madeira. O meu pai fixolle un carro a un labrador rico, sobriño de crego, e logo, prestoulle o diñero ao amigo que quería ir a America.
Este amigo tocara tempo atrás, cando había un sindicato obreiro e este sindicato tiña unha banda de música. E regaloullo ao meu pai o día en que se embarcou para américa. E o meu pai pousoumo nas mans con moito coidado, como se fora de cristal.
-A ver se algún día chegas a tocar o Francisco alegre, corazón mío.
Gustabálle moito aquel pasodobre.

Manuel Rivas
¿Que me queres amor ?

Sem comentários:

Enviar um comentário

Grato pela participação